Wednesday 24 de April de 2024

O Partido Popular de Miño denuncia a ausencia de policía local no municipio


Polo menos dous días son os que leva o municipio de Miño sen servizo de policía local. A candidata, Begoña Yañez, considera inaceptable que este servizo esencial no pobo leve, como mínimo, dous días sen prestarse. Denuncia que tanto veciños como visitantes que requiren os servizos da policía local atópanse que non hai ningún axente.

Resulta aínda máis inadmisible que esta situación non se xustificou de ningún xeito por parte do goberno local, cando os mesmos presumiron en numerosas ocasións da súa transparencia na xestión, afirmación do todo falsa, xa que son múltiples os asuntos de interese dos que non se informa nin aos veciños nin á oposición.

Desde o PP apuntan a unha clara falta de xestión dos recursos humanos, derivado da ausencia do alcalde, Manuel V. Faraldo, quen ao longo de toda a lexislatura non exerceu o cargo delegando as funcións nas concellerías, a cales demostraron unha evidente falta de capacidade para a xestión do concello.